-
BANDO: MANIFESTACIÓN PLATAFORMA DEREITO AO TREN DÍA 25 DE MARZO EN OURENSE
Información Xeral20-Marzo-2026 13:32
O vindeiro Mércores 25 de marzo, ás 11,30 horas terá lugar unha MANIFESTACIÓN diante da Subdelegación do Goberno en Ourense, convocada pola Plataforma Dereito ao Tren, polo que o Concello da Mezquita porá a disposición un autobús para asistir a devandita manifestación.
É preciso inscribirse previamente no Concello da Mezquita ou chamando ó teléfono do Concello 988425541 ou tamén 649988853 con data límite O MARTES 24 DE MARZO.
SAÍDA AUTOBÚS
DÍA: 25 MARZO
HORA: ÁS 9,00 DA(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
11 DE MARZO- DIA EUROPEO DAS VÍTIMAS DE TERRORISMO-MINUTO DE SILENCIO
Información Xeral10-Marzo-2026 13:38
Con motivo do Día Europeo contra as Vítimas do Terrorismo, o vindeiro 11 de marzo gardaremos un minuto de silencio fronte á Casa Consistorial ás 12:00 horas, como mostra de lembranza, respecto e solidariedade con todas as vítimas do terrorismo e coas súas familias. Con ese xesto simbólico queremos honrar a súa memoria e reafirmar o compromiso da nosa sociedade cos valores da convivencia, a liberdade a a paz
Archivo adjunto: -
BANDO: CAMBIOS RELEVANTES NA TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO 2026
Información Xeral06-Marzo-2026 10:03
Os cambios máis relevantes na taxa de RECOLLIDA DE LIXO para 2026 pódense resumir en:
1º.- O Cobro da taxa de lixo é anual (un único recibo) e segundo o calendario fiscal publicado no BOP de data 30 de xaneiro de 2026 (nº 30), as datas de pagamento comprenderán do 15 de xullo ata o 30 de setembro.
2º.- As modificacións de suxeitos pasivos con posterioridade ao 1 de xaneiro de cada an(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
AVISO DA DIRECCION XERAL DE EMERXENCIAS NIVEL DE ALERTA AMARELO POR NEVE
Información Xeral05-Marzo-2026 14:13
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletin 120/71GAL emitido ás 11:51 horas do dia de hoxe, dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel AMARELO por NEVE que aectará á MONTAÑA de LUGO e á de OURENSE a partir da medianoite de hoxe e ata o mediodia de maña dia 06/03/2026.
Esta acumulación de neve, que poderá superar os 5 cm, espérase por riba dos 1.100 metros.
Archivo adjunto: -
VENRES DE CONSUMO RESPONDE: 13 DE MARZO ÁS 12,30 H. ... OS NOSOS DEREITOS COMO PERSOAS CONSUMIDORAS
Información Xeral05-Marzo-2026 10:11
A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia adscrito á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con motivo do día internacional das persoas consumidoras, que se celebra o 15 de marzo, convídavos a participar nunha charla on line.
A charla participativa sobre os Os nosos dereitos como persoas consumidoras, terá lugar o VENRES día 13 de MARZO ás 12:30 horas a través da (...)
...Haga click para ver completo. -
DIA DA MULLER 8 DE MARZO
Información Xeral04-Marzo-2026 13:43
Este luns 9 de marzo conmemoramos o Dia Da Muller, unha data para reinvidicar dereitos, visibilizar loitas e reafirmar o noso compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Con motivo deta xornada, convidámoste a participar na lectura do manifesto:
PRAZA DO CONCELLO
AS 12:00 H
Será un espazo para compartir, reflexionar e alzar a voz xuntas pola igualdade, polo respecto e polas oportunidades para todas. Cada presenza conta. Cada voz s(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
CORTE DE AUGA EN CHAGUAZOSO- NA BARRIADA
Información Xeral23-Febrero-2026 09:55
Por motivo dunha avaria en Chaguazoso na Barriada, vaise cortar a auga ata o arranxo de dita avaria.
Perdoen as molestias. -
CURSOS GRATUÍTOS DE LINGUA GALEGA -CELGA 2, 3 e 4
Información Xeral20-Febrero-2026 14:14
Convocatoria oficial de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos certificados Celga 2 e Celga 3 (ambos presenciais) e cursos en liña dos niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados pola Secretaría Xeral da Lingua (DOG núm. 28, do 11 de febreiro de 2026).
O centro donde se impartirán os cursos presenciais é:
Lugar: Ourense – IES Eduardo Blanco Amor
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
BONO EMANCIPATE 2026
Información Xeral20-Febrero-2026 13:21
“BONO EMANCIPATE 2026. Procedemento CT501B, para contribuír a sufragar os gastos derivados da emancipación nunha vivenda distinta da dos proxenitores, como son os de mudanza, adquisición de mobiliario, electrodomésticos, enxoval de cociña, de baño, etc.
BENEFICIARIOS: dirixidos a persoas mozas traballadoras que adquiran ou aluguen unha vivenda e que cumpran unha serie de requisitos:
1. Ter menos de 36 anos de idade ao solicitar a subvención
2. Con nacionalidade española, (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
CONVOCATORIA CURSOS BÁSICOS DE PROTECCIÓN CIVIL: 1º semestre
Formación19-Febrero-2026 13:00
No DOG de hoxe veñense de publicar a convocatoria dos CURSOS BÁSICOS DE PROTECCIÓN CIVIL.
Este ano a convocatoria dos cursos será anual. Asi no 1º semestre vanse levar a cabo cursos en:
- BAÑOS DE MOLGAS e PETIN
INTERESADOS: As persoas interesadas deberán PREVIAMENTE darse de ALTA en SIPROC como CANDIDATOS. Unha vez feito "inscribiranse" na web da AGASP onde deberán darse de alta como usuarias.
PRAZO DE INSCRI(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
CURSOS DE SOCORRISMO ACUÁTICO
Formación19-Febrero-2026 12:51
No Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, 19 de febreiro de 2026, sae publicada a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE
Información Xeral19-Febrero-2026 11:24
Curso de monitor/a de tempo libre, 200 horas teóricas e 150 prácticas. en Vilariño de Conso
Prazo de inscricions ata o 18 de marzo
Prezo da matricula 250€
info WhatsApp 620 78 98 35
Archivo adjunto: -
BANDO: CORTE AUGA POR AVARÍA EN SANTIGOSO HOXE 17 DE FEBREIRO
-
Plan de formación Anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026. Voluntariado Ambiental Interxeracional-VAI
Información Xeral16-Febrero-2026 12:21
Plan de formación Anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026. Voluntariado Ambiental Interxeracional-VAI
A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha, un ano máis, o Plan de Formación anual correspondente ao ano 2026. Nesta edición, ábrese inicialmente o prazo de inscrición para cinco cursos en liña que se desenvolverán entre os meses de febreiro e maio, centrados no voluntariado ambiental interxeracional:
<(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
AVISO ALERTA METEOROLÓXICA: NIVEL LARANXA EN PONTEVEDRA E AMARELO EN OURENSE POR CHOIVAS
Información Xeral09-Febrero-2026 12:43
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 46/71GAL emitido o día 09/02/2026 ás 09:58 hora oficial, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA por CHOIVA que afectará ao INTERIOR de PONTEVEDRA a partir do inicio da madrugada do día
10/02/2026. Nesta zona a precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 80 mm. A partir do mediodía do 09/02/2026 no Interior de PONTEVEDRA e Sur de OURENSE a precipitación acumulada en 12 h. superará os 40 mm., subin(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
AXUDAS PARA PROXECTOS DE DESENROLO RURAL EN GALICIA- AGADER
Información Xeral06-Febrero-2026 14:13
No DOGA do día 2 de febreiro do 2026 saíron
publicadas por parte de AGADER as axudas para PROXECTOS DE
DESENROLO RURAL EN GALICIA.
Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado,
incluída as comunidades de montes veciñais e as súas mancomunidades
Proxectos Subvencionables: proxectos que supoñen a realización
dunha actividade económica e que supoña a creación e/ou mantemento
de emprego.
Gastos subvencionables.:
•Construción, adquisición (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
AVISO ALERTA METEOROLÓXICA: NIVEL AMARELO POR NEVE
Información Xeral06-Febrero-2026 12:00
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no seu boletín 88/71 GAL informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVE na zona de LUGO (MONTAÑA) e OURENSE (MONTAÑA), para mañá sábado 7 de febrero. Estímase que de comezo a primeiras horas da mañá do sábado e se prolongue toda a xornada. Espéranse acumulacións de neve de 10 cm en 24 horas a partir dos 900 - 1000 m, continuará a xornada do domingo 8.
Archivo adjunto: -
AVISO ALERTA METEOROLÓXICA: NIVEL AMARELO POR VENTO
Información Xeral05-Febrero-2026 10:28
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 84/71GAL emitido o día 04/02/2026 ás 11:13 hora o¥icial, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL AMARELO por VENTOS, que se iniciará a partir das 00:00 horas do día 05/02/2025 e que afectará, ata a noite do mesmo día, a TODA GALICIA onde as rachas de vento de compoñento Oeste poderán superar os 80 km/h nas zonas do litoral e Montaña e os 70 Km/h no resto da Comunidade.
Archivo adjunto: -
AVISO DA DIRECCIÓN XEAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA.
Información Xeral02-Febrero-2026 13:37
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín n.º 76/71GAL, emitido o día 02/02/2026 ás 11:40 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por NEVARADAS nos ámbitos xeográficos de OURENSE (Montaña) para o día de hoxe luns 02/02/2026 a partir do mediodía, e para LUGO (MONTAÑA) para o día de mañá martes 03/02/2026 tamén a partir de mediodía. A acumulación de neve en 24 horas en ambos ámbitos xeográficos, poderá superar os 5 cm a partir dos 1100-1200 metros na zona ori(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
COMUNICADO
Información Xeral31-Enero-2026 14:12
Hoxe o noso Concello está envolto nun silencio triste. Despedimos a Paco coa alma encollida e cunha dor dificil de expresar. O noso INTERVENTOR, si , pero por riba de todo unha persoa inmensa, xenerosa e un compañeiro inesquecible. Un profesional admirado en oda a comunidade galega e un amigo querido por todos nós.
Amante profundo da Mezquita, deixou nela parte da súa vida ao longo de décadas compartidas, de traballo e de afectos.
Que a terra che sexa leve, Paco. Vemonos do outr(...)
...Haga click para ver completo. -
AXUDAS DE EFICIENCIAS ENERXÉTICAS PARA EMPRESAS
Información Xeral30-Enero-2026 10:18
Que o INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) publicou as bases
reguladoras de subvencións para proxectos de eficiencias enerxéticas no
D.G.A. nº 12 do 20 de xaneiro do 2026. Procedementos IN417Y, IN421S e
IN421L
Os beneficiarios: empresas legalmente constituídas e autónomos e empresas
do sector de produción agrícola primaria (dependendo do procedemento)
Os gastos subvencionables:
• IN417Y: Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
AVISO ALERTA METEOROLÓXICA: NIVEL AMARELO POR VENTO, CHOIVA E NEVE
Información Xeral30-Enero-2026 09:50
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 65/71GAL emitido o día 29/01/2026 ás 10:45 hora oficial, dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL AMARELO por VENTO con refachos que poderán superar os 80 KM/h de compoñente Oeste e que afectará a A
CORUÑA (Noroeste, Oeste e Interior); PONTEVEDRA (Interior); OURENSE (Toda a provincia) e LUGO (Toda a provincia) a partir do mediodía do día 30/01/2026, se ben a Mariña de LUGO permanece en nivel amarelo desde o día ante(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
VENRES DE CONSUMO RESPONDE: 30 DE XANEIRO ÁS 12,30 H. ... GARANTÍAS DOS PRODUTOS E SERVIZOS
Información Xeral29-Enero-2026 13:49
Este venres 30 de xaneiro ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que daranse uns pequenos consellos para aprender sobre a GARANTÍAS DOS PRODUTOS E SERVIZOS. Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente t(...)
...Haga click para ver completo. -
AVISO ALERTA METEOROLÓXICA: NIVEL AMARELO POR NEVARADAS
Información Xeral27-Enero-2026 11:38
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), no boletín 61/71GAL emitido ás 08:40 horas do 27/01/2026, informa dos seguintes Fenómenos Meteorolóxicos Adversos:
Nivel AMARELO por CHUVIA en LUGO (Sur), OURENSE (Noroeste, Miño, Sur e Montaña) e PONTEVEDRA ata mediodía de hoxe.
Nivel AMARELO por NEVARADAS en Lugo (Montaña) e Ourense (Montaña e Sur) desde mediodía de hoxe ata últimas horas do día de hoxe. A cota de neve estará en torno aos 700-800 m con acumulacións de ata 5 cm en zonas de montañ(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:


