w Temporal
  • 10-Marzo-2018 00:54

    #AlertaLaranxa Como che diciamos pola mañá, a cicloxénese "Félix" vai estar dando a lata esta fin de semana. Así, o Concello de Frades informa de que AEMET elevou o nivel de alerta a laranxa por ventos de ata 120 km/hora e fortes choivas, que terán lugar entre as primeiras horas deste sábado e se prolongará ata a mañá do domingo. Ademais, un aviso importante: NON HABERÁ PARTIDOS DE FÚTBOL MAÑÁ POLA TARDE. A Xunta de Galicia vén de confirmar a suspensión de todas as competicións deportivas ao aire libre na tarde de mañá sábado, algo que tamén ratificou a Real Federación Galega de Fútbol - Futgal hai un ratiño. Así que esta fin de semana extrema a precaución e, no posible, evita desprazamentos e actividades no exterior. Lembra que para calquera incidencia podes chamar ao 112.