w Charla sobre a vespa velutina (asiática)
  • 14-Marzo-2018 09:01

    O Concello de Frades organiza unha charla sobre a vespa velutina, que terá lugar no multiúsos o venres 6 de abril, ás 21:00 horas. Durante 2 horas, os asistentes aprenderán a construír trampas caseiras para loitar contra esta especie foránea que ameaza, especialmente, ás nosas abellas. Participación totalmente de balde. Anótate no Concello de Frades (981 695 567) antes do luns 2 de abril.