w Convocatoria de axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Frades
  • 16-Marzo-2018 09:01
    Info General

    O Concello de Frades destina máis de 32.000 euros para axudas económicas a entidades culturais, deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello de Frades antes do vindeiro 14 de abril. Poden solicitar estas axudas as asociacións (con ou sen personalidade xurídica) sempre que carezan de fin de lucro, estean inscritas no Rexistro de Entidades ou Agrupacións do Concello de Frades, desenvolvan as súas actividades no noso termo municipal, estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias co Concello e non teñan pendente de xustificar ningunha subvención anterior. Máis información no Concello de Frades (981 695 567).