w Axudas de incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e desenvolvemento de pequenas explotacións
  • 16-Marzo-2018 15:03
    Info General

    O DOG publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrarias, a creación de empresas para os agricultores mozos e o desenvolvemento de pequenas explotacións. Conta cun orzamento de 65 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá sábado.