w Excursión a Asturias: 13, 14 e 15 de abril
  • 20-Marzo-2018 09:01

    O Concello de Frades convoca unha excursión a Asturias para os días 13, 14 e 15 de abril. Visitaranse as vilas de Avilés, Xixón e Oviedo, así como a zona mineira e a montaña asturiana. O prezo é de 165 € para persoas empadroadas e 190 para as non empadroadas. Anotacións no Concello dende hoxe e ata o 2 de abril.