w Último día para anotarse nas actividades de Semana Santa
  • 26-Marzo-2018 09:01

    O Concello de Frades informa que hoxe luns 26 de marzo, ás 14:00 horas, péchanse as inscricións nas actividades de Semana Santa que inclúen: - Martes 27 de marzo, ás 16:30 horas, actuación do Mago Piter e merenda con chocolate no multiúsos. Actividade de balde. - Mércores 28 de marzo, visita ao centro comercial Marineda City para desfrutar dunha partida de birlos e da película "Peter Rabbit". Prezo: 10 € (empadroados/as) e 15 € (non empadroados/as). Non inclúe xantar. En ambos casos, inscricións antes das 14:00 horas de hoxe no Concello: 981 695 567 / 981 695 554.