w I Foliada Airiños Galegos
  • 22-Mayo-2018 12:46
    FESTAS

    A Asociación de Mulleres Rurais "Airiños Galegos", en colaboración co Concello de Frades e a Rede cultural da deputación da Coruña, organiza a I Foliada Airiños Galegos. Terá lugar o domingo 3 de xuño no Campo da Festa de Galegos. A partir das 14:00 horas haberá churrascada baixo carpa: 10 euros/persoa; socias e menores de 12 anos, de balde. A partir das 16:00 horas, foliada con Sarillo de Aiazo, Pandereteiras de Marantes, AC Camiño Real de Poulo, Escola de música e baile tradicional de Mesía, Asociación Cultural de veciños de Leira e Pinga de Troula de Galegos.