w Permisos Cacharelas de San Xoán e San Pedro
  • 12-Junio-2018 12:02
    FESTAS

    O Concello de Frades informa de que a realización das cacharelas de San Xoán e San Pedro debe ser comunicada previamente ao Concello antes do venres 22 de xuño por aqueles veciños/as ou entidades que as organicen, que deberán cumprir as normas de seguridade contempladas neste aviso. As cacharelas emprazadas en parques, prazas e áreas recreativas deberán contar con autorización previa. As realizadas en vías públicas e beirarrúas deberán protexer o pavimento cunha capa de area (o Concello facilitará un vale para recollela en Erimsa a quen o solicite).