w Actividades do Concello de Frades. Outono/Inverno 2018/2019.
  • 27-Septiembre-2018 09:00
    Info General

    Achegamos o programa de Actividades de Outono e Inverno 2018/2019 do Concello de Frades, que nos próximos días recibirás na túa casa. Inclúe unha vintena de cursos e obradoiros para persoas adultas, actividades que requiren exercicio físico (pilates, zumba, ximnasia de mantemento, pádel e hipopresivos), Camiño de Santiago a Fisterra (a primeira etapa o 6 de outubro) e actividades para os nenos/as no CPI Ponte Carreira (Zumbakids, patinaxe, debuxo e pintura, fútbol sala, atletismo e tenis de mesa). Máis información e inscricións no Concello de Frades: 981 695 567 / 981 695 663.