w Curso de Defensa Persoal para Mulleres
  • 16-Octubre-2018 09:02

    O Concello de Frades e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia organizan un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres, que terá lugar os días 19 e 21 de novembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, no multiúsos de Frades. Inscricións de balde no Concello ata o 8 de novembro: 981 695 567. Haberá servizo de canguraxe para as participantes (mínimo 5 nenos/as).