w Charla: "Consumo na rede"
  • 23-Octubre-2018 09:00

    O multiúsos de Frades acollerá o venres 16 de novembro, ás 17:00 horas, a sesión "Consumo na Rede", organizada polo Concello de Frades e a Escola Galega de Consumo. Unha iniciativa na que se informará ás persoas asistentes sobre redes sociais, compras na Internet, descargas de APP, dos riscos das apostas e xogos en liña... Participación gratuíta. Inscricións no 981 695 567 antes do 9 de novembro.