w Saúde mental para tod@s
  • 21-Noviembre-2018 09:02

    Charla a cargo da asociación Andaina Pro Saúde Mental, que terá lugar no multiúsos o venres 30 de novembro, ás 16:30 horas. Entrada libre e gratuita. Durante a charla, esta entidade sen ánimo de lucro presentará os servizos de apoio, asesoramento e información que ofrece á hora de comprender as enfermidades mentais, como afectan ás persoas que as padecen e como inflúen na súa familia e amizades.