w Campamento municipal de Nadal / Conciliación
  • 18-Diciembre-2018 13:07

    O Concello de Frades oferta como todos os anos o Campamento Municipal de Nadal, unha iniciativa de conciliación familiar durante as vacacións escolares. O campamento terá lugar no multiúsos de Frades durante 8 días, de 9:30 a 13:30 horas. O prezo é de 25 euros para persoas empadroadas (desconto de 5 euros para o segundo irmán/á) e 35 euros para non empadroadas. Inscricións no Concello de Frades antes do 21 de decembro: 981 695 567 / 981 695 663.