w Festa de Nadal e concerto de María do Ceo
  • 19-Diciembre-2018 16:01

    O multiúsos de Frades acollerá o vindeiro mércores 26 de decembro, a partir das 16:00 horas, un concerto infantil e unha gran festa de Nadal, ambas de participación gratuíta se ben é preciso anotarse antes do 21 de decembro no Concello de Frades (981 695 567 ou 981 695 663). Ás catro da tarde, María do Ceo ofrecerá o concerto "Cancións infantís para nenas e nenos". E a partir das 17:30 horas, gran festa de Nadal con obradoiros, mascota e xogos con Duende Sico. Haberá merenda.