w Recordatorio de limpeza e anula ción de árbores forestais en núcleos rurais
  • 23-Abril-2018 10:32
    Noticias

    A normativa esteblece as seguintes obrigas dos propietarios de parcelas en solo urbano, núcleos rurais e franxas de protección:



    A) xestionar anualmente a biomasa vexetal na totalidade da súa superficie, tanto nas de solo urbano, núcleo rural e na franxa perimetral de protección de 50 metros (contados dende a delimitación do núcleo no PXOM-Irixoa ou dende as fachadas no caso de vivendas illadas).



    B) manter tales parcelas (apartado A) libres de árbores declarados de alta combustibilidade: eucaliptos, pinos, acacias, etc.; esta obriga aplícase ás árbores con independencia da súa antigüidade, tanto ás anteriores como ás posteriores á lei de montes de 2012.



    O período transitorio de adaptación establecido pola normativa xa rematou fai tempo; o Concello de Irixoa outorga aos propietarios obrigados un prazo de cumprimento das obrigas citadas ata o 31-5-2018. Nos caso de incumprimento tramitaranse os oportunos expedientes de reposición e sancionadores (a partir do 1-6-2018), con informes técnicos e audiencia do interesado.



    Nos supostos de urxencia e perigosidade o concello poderá actuar directamente, realizando os traballos precisos e comunicándollo posteriormente ao responsable.



    As infraccións á normativa conlevarán sancións, que poderán oscilar entre 100 e 1.000 euros (no caso de considerarse leves), sen prexuízo do importe das multas coercitivas e custos da execución subsidiaria.



    NORMATIVA APLICABLE:



    - Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

    - LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG do 23-7-2012).