w CONVOCATORIA DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DE SERVIZOS SOCIAIS E EDUCADOR/A SOCIAL
  • 24-Mayo-2018 11:23
    Info Xeral

    No Boletín Oficial da Provincia do 24 de maio de 2018 saíu publicada a convocatoria de selección de persoal temporal de 1 educador/a e 1 auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais

    Proceso selectivo mediante concurso de valoración de méritos.

    O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende o seguinte á publicación do anuncio.

    Bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 11/05/2018.

    Dereitos de participación no proceso: 28 euros no caso de educador/a e 18 euros no caso de auxiliar administrativo/a.



    Pódense descargar as bases e a instancia de solicitude na páxina web municipal www.irixoa.es