w ENTROIDO 2019
  • 20-Febrero-2019 12:26

    O Concello de Irixoa celebrará o Entroido o luns 4 de marzo.
    A partir das 18:00 horas festival infantil no Polideportivo municipal con inchables, obradoiros, animación e concurso de disfraces cos seguintes premios:
    1ª premio 90 €
    2ª premio 70 €
    3º premio 50 €.
    Pola noite, a partir das 23:00 horas no campo da Festa de Irixoa XI Festa da xuventude, amenizada pola orquestra D´Moda e discoteca móbil Sebas 21.
    Haberá concurso de disfraces.
    Para disfraces individual ou parellas:
    1º premio 110 €,
    2º premio 90 €
    3ª premio 70 €
    Para grupos de máis de 3 persoas
    1º premio 210 €
    2º premio 190 €
    3º premio 170 €.
    Tamén haberá o I Concurso de postres de entroido
    1º premio: vale agasallo por unha comida nun dos restaurantes do concello;
    2º premio, vale agasallo de 50 € para gastar nun dos comercios de Irixoa.
    Para unha mellor previsión as persoas interesadas en participar no Concurso de postres deberán avisar no departamento de Servizos Sociais de Concello.
    Máis información na páxina web do concello www.irixoa.es ou no teléfono 981793001