w DOAZÓN DE SANGUE EN IRIXOA O 28 DE MAIO
  • 21-Mayo-2019 14:28
    Info Xeral

    O martes 28 de maio a unidade móbil de doazón de sangue estára no campo da festa de Irixoa desde as 16:00 ás 21:00 horas.
    O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.
    Lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas.
    Non esquezas traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
    Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.
    Se tés máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg. só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros.
    #sumateaonosoequipo