w Exposición Censo Electoral
  • 11-Marzo-2019 08:55
    Info General

    AVISO

    RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL


    Faise saber a todos os veciños do Concello, que ante as vindeiras Eleccións as Cortes Xerais 2019 que se celebrarán o vindeiro día 28 de abril, estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 11 e 18 de marzo, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.

    O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.

    Recoméndase especialmente a consulta das listas a todos os que cumpriron 18 anos recentemente e a todos os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

    Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:
    -901 101 900 -981 21 74 26 -981 21 74 39