w CURSO ACTIVIDADES AUXILIARES ALMACEN. CARNÉ C E CAP
  • 16-Abril-2019 09:44

    Curso de actividades auxiliares de almacén (inclúe acceso ao carné C e CAP) Organizado por: Deputación da Coruña Lugar: nas instalacións da empresa adxudicataria, sitas para a zona centro_sur no Polígono Industrial do Milladoiro e na cidade de Santiago de Compostela, e para a zona centro_norte en A Barcala-Cambre  e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo). Horario: preferentemente, mañá Data de inicio: prevista para mediados de maio Prazo de inscrición: 30/04/2019 Lugar de inscrición: o concello onde estean empadroados. Os requisitos para inscribirse son:   Estar desempregada/o e ter entre 18 e 30 anos Estar empadroado/a nalgún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Inscrición en Garantía Xuvenil: A documentación necesaria para realizar a inscrición é:  DNI Tarxeta ou documento que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social Certificado/volante actualizado de empadroamento Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego) Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (Acceso a zona persoal na plataforma de Garantía Xuvenil e descarga no apartado de “notificacións” do documento, en formato “pdf”, que acredita que a persoa solicitante está rexistrada e é beneficiaria do sistema)