w Comezo da Novena da Virxe da Barca
  • 04-Septiembre-2019 22:51
    Info General

    Ante o comezo da Novena en honor a Virxe da Barca, dende a Policía Local infórmase que para acceder nos vehículos ata o Santuario deben facelo pola Rúa Virxe da Barca, estando Prohibido pola Rúa Atalaia.

    Dada a cantidade de vehículos que se concentran, habilitarase o Camiño da Pel e o último tramo da Rúa Atalaia para o Estacionamento de Vehículos.

    Os días da celebración da Romaría (13,14,15 e 16), para acceder a Muxía hai que facelo pola estrada AC440 (Berdoias-Muxía). Permanecerá pechado a circulación do tráfico o Paseo Marítimo e a Rúa Real dada a cantidade de xente congregada e o paso de vehículos policiais e sanitarios, respectivamente. Habilítase a estrada DP5201 para saída dende Muxía e o estacionamento de vehículos.

    Ademais poderase acceder libremente ao resto de rúas interiores.

    A Policía Local.