w Aviso CIRCULACIÓN TRÁFICO - Carreira Pedestre
  • 13-Julio-2018 11:19
    Info General

    Con motivo da V Carreira Pedestre Concello de Muxía, que se levará a cabo o vindeiro domingo día 15 de xullo de 2018. A Policía Local informa que non se pecharán os accesos, nin saídas, a Muxía.
    Coincidindo coas distintas probas (de 10:00 a 13:00 horas), a circulación de vehículos estará regulada para seguridade dos participantes. Recoméndase que para sair da zona urbana, se leve a cabo pola Rúa Real e Avda. López Abente en dirección a Praia da Cruz.