w "A NENA AZUL" , CINE EN MUXÍA, O VENRES 7
  • 05-Diciembre-2018 10:22
    Cultura y ocio

    O vindeiro venres 7 de decembro, ás 19.00 h . terá lugar a proxección e coloquio coa directora da curta " A nena azul", Sandra Sánchez. A entrada é libre.

    A Nena Azul,rodada en Camariñas, ademais de recibir antes do estreno o Premio Luisa Villalta para impulsar proxectos culturais pola igualdade e o papel da muller no cine, no sector laboral e na vida cotidiá, acolleu tamén varios premios importantes despóis do aclamado estreno: Premio Galiza Crea á mellor dirección e realización. Mención do xurado no Curtocircuítio Festival internacional de curtametraxes. Tamén chegamos a Turquía no Izmir Kira Film Festival. E hai poucos días sabemos que estará na sección oficial do Festival internacional de curtas de Verín.
    Unha boa oportunidade para vela é este venres, en Muxía, no Salón de Actos do Voluntariado.