w Solicitudes escola infantil 19/20
  • 01-Marzo-2019 12:47
    Servicios

    Escola Infantil Municipal do Concello de Val do Dubra, de 0 a 3 anos

    CURSO 2019-2020

    PRAZO SOLICITUDE RENOVACIÓN E PREINSCRICIÓN: do 15 ó 31 de marzo de 2019.

    PRAZO DE RECLAMACIÓN: 10 DÍAS NATURAIS a partir da publicación da listaxe provisional no taboleiro de edictos do Concello

    PERÍODO DE MATRICULACIÓN: do 15 ó 25 de abril de 2019

    REQUISITOS:

    Os pais ou representantes legais e máis o/a menor para o/a que se solicita a praza, deberán figurar de alta no padrón municipal de habitantes de Val do Dubra na data da solicitude.
    O/A neno/a para o/a que se solicita a praza deberá ter como mínimo tres meses de idade no momento de ingreso no centro e non ter cumpridos os tres anos o 31 de marzo do ano no que se solicita a praza.

    DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COAS SOLICITUDES:

    Fotocopia do DNI dos pais ou titores
    Fotocopia do libro de familia
    Xustificación de ingresos (última nómina, se a tivese, e declaración do IRPF (dos membros da unidade familiar. No caso de non ter a obriga de presentar esta última, entón deberá achegar un certificado de imputacións expedido pola Axencia Estatal Tributaria)
    Certificado de residencia e informe de convivencia da unidade familiar
    Certificado médico do/da neno/a
    Carta actualizada de vacinación do/da neno/a
    Tarxeta sanitaria do/da neno/a


    NOTA: As persoas que soliciten “horas complementarias”, “xornada partida” ou “rotación de horario” deberán presentar obrigatoriamente, xunto coa solicitude, a documentación acreditativa e xustificativa da necesidade dese horario (certificación, debidamente asinada e selada, expedida pola/as empresa/asadministración/-s as na/nas que presten servizos os dous proxenitores).

    OUTRA DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ LOGO DA PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DOS/DAS MENORES NA ESCOLA:

    OS/AS PAIS/NAIS, TITORES/TITORAS LEGAIS: deberán presentar a nova declaración da renda (exercicio 2018). Quenes non tiveran a obriga de presentala e polo tanto non o fixeron, deberán achegar un certificado de imputacións da renda, expedido pola Axencia Estatal Tributaria. En todo caso, terán de prazo ata o 31 de xullo de 2019 para presentar tanto a declaración do IRPF como o certificado de imputacións, segundo corresponda.
    Ficha de domiciliación bancaria
    Unha fotografía, en tamaño carné, dos/das menores admitidos/as, que deberán entregala na escola infantil ó inicio do curso.