w Obradoiro de emprego
  • 14-Marzo-2019 22:24
    Info Xeral

    ACTUACIÓNS OBRADOIRO DE EMPREGO “XALLAS-BARCALA-DUBRA V” no CONCELLO DE VAL DO DUBRA



    “Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89 % pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo”.



    O pasado mes de febreiro executouse no noso Concello a actuación derivada do proxecto que se se está realizando dentro da programación do Obradorio de Emprego Xallas-Barcala-Dubra V, devandito proxecto promovido polo Concello de Santa Comba en colaboración cos Concellos de A Baña e Negreira, consiste en mellorar a ocupabilidade de dezaseis alumnos traballadores da nosa comarca, a través dá súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

    A finalidade do mesmo, é que os nosos alumnos obteñan unha vez rematado este período, unha certificación profesional que lles habilite para exercer a especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, facilitándolles a súa incorporación no mercado laboral.

    É evidente que tanto as prácticas como as actuacións vinculadas ao proxecto está supoñendo unha experiencia para os participantes dun alto valor engadido que será apreciado para futuros empregadores que queiran incorporar as súas empresas traballadores cualificados e con competencias técnicas.


    ACTUACIÓNS LEVADAS A CABO NO NOSO CONCELLO.

    CAMIÑO DAS RODAS, CAMIÑO PEDRA DO HOME, FINCA AS CANTEIRAS E CAMIÑO DO OUTEIRO.

    O obxectivo desta intervención consistiu na limpeza de maleza e acondicionado destes catro puntos do noso Concello, facendo especial fincapé nos dous primeiros un por ser un enclave natural na veira do rio Tambre o pasar por Portomouro (Camiño das rodas) que nos fixo ser uns privilexiados ao poder descubrir unha zona cun valor ecolóxico e paisaxístico único, por outra banda brindarnos a oportunidade de participar no mantemento e mellora dun tesouro cun valor arqueolóxico tan singular e exclusivo como e o monumento megalítico de Pedra do home.

    Dita execución desenvolveuse en duas fases, por unha banda a eliminación do lixo acumulado dentro da areas de actuación que impedía a limpeza e acondicionamento da mesma, posteriormente procedeuse ao desbroce de maleza (xestas, toxos, silvas, fentos e pequenas arbores e arbustos), asé mesmo procedeuse ao transplante de pequenas plantas de especies protexidas (acibros, carballos, etc) que se encontraban no trazado das actuacións e poda de caducifolias.

    A axilidade na execución de dita actuación, estivo favorecida polas condicións climatolóxicas deste inverno e a colaboración de todos os entes implicados que cederon a maquinaria de corte necesaria para facer a tala de árbores de gran enbergadura. No mesmo senso salientar o traballo previamente analizado (man de obra, materias a empregar en maquinaria) e planificado (traballos, duración de cada un deles, sincronizaxe, identificación de actividades críticas e distribución coronoóxica das mesmas) conxuntamente na aula por uns alumnos-traballadores moi motivados co proxecto, baixo a condución e coordinación do mestre que se atopa a cargo do certificado de profesionalidade, usando metodoloxías como os “desbroces virtuais” desenvolvidos nas propias instalacións do O.E que permitiron unha maior eficiencia sen esquecer en ningún momento a importancia da seguridade na hora de executar estas actuacións.