• 2023-11-08 15:23:12
    Info General

    O Concello de Fisterra participa na campaña da neve organizada pola Deputación Provincial da Coruña, que se levará a cabo na estación de Valgrande-Pajares (Asturias) para fomentar a práctica do esquí entre os rapaces e rapazas de entre  11 e 15 anos inclusive cumpridos a 31 decembro de 2022.

    Datas: 3ª quenda do programa, do 26 ao 29 de xaneiro de 2024
    Prazas: 5
    Prazo de inscrición: ata o venres, 1 de decembro
    Cota de inscrición: 85 euros
    Inscrición e información: Na oficina de deportes do Concello de Fisterra,  de 09:00 a 13:30h

    Terán prioridade os nen@s que nunca asistiran a campañas de inverno e no suposto de ter máis solicitudes que números de prazas, realizarase un sorteo público

    Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024



    Adjuntos: