• 2021-05-14 12:53:59
    Info General

    Hoxe,  venres 14 de maio, o Concello de Fisterra pasou ao nivel Medio de restricións pola COVID-19. Resumo:
    • Libre mobilidade, agás aos concellos de nivel máximo: Cambados, Laza e Padrón.
    • Sen toque de queda
    • Reunións: máx. 6 persoas exterior, 4 interior. Prohibidas as reunións de persoas non conviventes en espazos públicos, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazos privados entre a 1:00 e ás 6:00h.
    • Hostalaría ao 30% en interior e 50% en exterior. Prohibido o consumo na barra.
    • Peche de bares e cafeterías ás 23:00h.
    • Peche de restaurantes á 01:00h
    • Lugares de culto: 50% da súa capacidade máxima permitida
    • Velorios: 10 persoas por túmulo e 25 en espazos abertos
    • Actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 30% da capacidade autorizada do local
    • Bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida
    • Competicións deportivas, teatros, cines, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida.
    Todas as restricións de nivel Medio pódense consultar en:
    https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Nivel-Restricion-Media

    Moito ánimo a tod@s e recordade:
    • Usade a máscara.
    • Lavade e desinfectade as mans frecuentemente.
    • Mantede a distancia social.
    • Evitade aglomeracións.
    • Ventilación de espazos interiores