• 2024-04-12 14:02:32
    Info Xeral

    O Concello de Irixoa ten aprobado o inventario  de vías e camiños municipais nas parroquias de Churío, Coruxou e Verís.  Para que este documento se adapte o máximo á realidade da rede viaria municipal é preciso unha especial colaboración cidadá para detectar e corrixir posibles erros.


    O concello establece unha exposición publica do inventario polo prazo de 2 meses, que se inciciou o día 27/03/2024 e remata o 27/05/2024, neste prazo o inventario pode ser consultado nas oficinas municipais do Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas.

    A empresa Gabinete CARTOTEC, redactora do inventario, realizará unha sesión de presentación o día 17 de abril no salón de sesións do Concello, ás 13:00 horas, destinada á veciñanza e persoas propietarias das parroquias de Churío, Coruxou e Verís,



    Adjuntos: