• 2018-04-03 14:12:03
    Cultura e lecer

    O Concello de Irixoa pon a disposición da veciñanza un novo servizo municipal: “Irixoa Informa”.

    A partir de agora todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello poderá ser recibida de forma inmediata a través do seu móbil.

    O servizo está disponible para os sistemas operativos Android e iOs.

    As persoas que non dispoñan de terminais compatibles, como os que usen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique dende a páxina web adaptada para dispositivos móbiles www.bandomovil.com/irixoa.






    Adjuntos: