• 2020-03-10 12:38:13
    Emprego

    Convocadas pola Consellería de Política Social AXUDAS para a obtención dos PERMISOS DE CONDUCIR das clases B e C á mocidade galega dirixidas ás persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
    O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C.
    O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.

    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo de 2020, salvo esgotamento do crédito orzamentario disponible.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200309/AnuncioG0425-270220-0001_gl.pdf?fbclid=IwAR3LI_VfVOTxmdhYfI9UG48It_L-aO9Qix8dEmkHX2B1ZkMMdtsvl0eEB-k