• 2021-04-07 09:29:28
    Emprego

    No BOP de 07/04/2021 convócase a incorporación na listaxe para bolsa de contratacións de TRACTORISTAS (desbroce de vías e instalacións municipais), cunha vixencia que remata o 1-6-2024.
    Desta listaxe seleccionaranse as persoas para a contratación municipal anual: para o 2021 contrataranse 4 tractoristas por período de 6 meses a xornada de 30 horas semanais.
    FUNCIÓNS: manexo de tractor e maquinaria de desbroce.
    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais (dende o 7 ao 16 de abril de 2021), presencial en horario de 9 a 2, ou na Sede Electrónica do concello  as 24 horas (https://sede.irixoa.es/opencms/gl/index.html).
    DATA DAS PROBAS: 22 de abril de 2021.
    DEREITOS DE EXAME: 16 €, que se ingresaran na conta municipal ES02 2080 0092 1631 1000 0018
    BASES: aprobadas por acordo da Xunta de Goberno do 26-3-2021, estando a disposición do público nas dependencias municipais e na web oficial do concello (teléf. 981793001; www.irixoa.es).


    Adjuntos: