• 2022-10-07 14:40:10
    Servizos

    Dende o Departament ode Servizos Sociais do Concello de Irixoa informase que está aberto o prazo para solicitudes Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
    1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
    2. Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
    3. Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
    4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
    5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
    6. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

    Acompañantes

    A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
    1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) 
    2. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos, agás o da letra a).
    3. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.
    Prazo presentación de solicitudes
    10 días hábiles desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o 24 de outubro de 2022.