• 2022-11-22 13:09:04
    Info Xeral


    O día 25 de Novembro o Concello de Irixoa  conmemora o día da loita contra a Violencia de Xénero. No Departamento de Servizos Sociais elaboraremos un mural para que todas as persoas interesadas podades deixar as vosas mensaxes de rexeita contra esta violencia.

    As 13.00 horas  terá lugar a lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero  e gardaremos un minuto de silencio por todas as víctimas.

    Agardamos a vosa participación.