• 2022-12-09 10:09:30
    Info Xeral


    Durante o mes de novembro de 2022 realizouse unha convocatoria para solicitudes de compsteiros pola veciñanza, aínda quedaron composteiros dispoñibles para repartir entre novos veciños interesados.

    Estes composteiros están finaciados por fondos NextGeneretion-EU xestionados pola Xunta de Galicia. Grazas a esta subvención o concello e os veciños contribuirán a unha mellora medioambiental, con redución da cantidade de lixo producido e das viaxes de recollida, e farán máis sostible o servizo de recollida de lixo, tanto a nivel ambiental como económico

    O novo prazo para solicitar un composterio queda comprendido dende o 12 ao 31 de decembro de 2022, ambos incluídos.



    Adjuntos: