• 2023-07-13 11:18:46
    Servizos


    O Concello de Irixoa Informa que dende a Subdirección Xeral de Valoración da Dependencia e da Discapacidade solicítase que, a efectos informativos se difunda entre as persoas solicitantes da valoración do grado de discapacidade que o 012 realiza 3 intentos de chamada telefónica para axendar o día e a hora da cita de valoración do grado de discapacidade. 

    O prefixo do número de teléfono que lle aparece aos solicitantes é o 988 da provincia de Ourense, xa que o 012 ten a súa base na mencionada provincia.
    Pregamos que as persoas solicitantes respondan ditas chamadas xa que se está a verificar que unha importante porcentaxe de comunicacións non son atendidas polas persoas solicitantes provocando un retraso innecesario na súa valoración.