• 2018-10-03 09:07:23
    PARTICIPACIÓN CIDADÁ

    Á venda as entradas para o musical “Luna” no Centro Dotacional de Torroso

    As localidades teñen un prezo de 10 euros e o espectáculo terá lugar o vindeiro 14 de outubro

    Atópanse á venda as entradas para o espectáculo musical “Luna” co que arranca a programación de “Ocio en Familia” do curso 2018-2019 no Concello de Mos, que organiza a concellería de Participación Cidadá. As localidades, cun prezo de 10 euros, pódense adquirir no propio auditorio do Centro Dotacional de Torroso, -que será onde se fará a representación o vindeiro 14 de outubro as 18.00 horas-, no Kiosko Sendín en Vigo, ou na web www.woutick.es.
    O concerto “Luna On Beat, Sobre Ruedas”, é un musical para os nenos e nenas baseado na famosa serie de Disney Channel. A través de 17 temas, cóntase o complicado que é ser adolescente. O show musical inclúe cancións pegadizas, unha máxica posta en escena e grandiosos números de baile. Os temas tratados por estas tocan moitas das complicacións que viven os adolescentes no seu día a día, como o bulling, o primeiro amor ou as relacións cos pais. Este musical ven da man da compañía “MoitaMerda Promocións”.




    Adjuntos: