-
PLAN MUNICIPAL CONTRA A VESPA VELUTINA2019-03-05 16:16:13MEDIOAMBIENTE
Comezan as charlas informativas do plan municipal contra a Vespa Velutina
A primeira reunión terá lugar mañá mércores 6 de marzo ás 20.30 horas no Pazo de Mos
O Concello de Mos en colaboración con apicultores de Mos organiza, dentro do seu plan anual contra a Vespa Velutina, charlas nas distintas parroquias do municipio para repartir trampas e os líquidos que deben conter as mesmas, así como para explicar paso a paso a fabricación de trampas caseiras.
A primeira destas reunións informativas terá lugar ás 20.30 horas, e celebraranse mañá mércores, día 6 de marzo, no Pazo de Mos.
As trampas están destinadas á regularización e captura de raíñas fundadoras deste insecto. Desta maneira trátase de reducir a poboación do mesmo menguando así o número de niños de Vespa Velutina para tranquilidade da poboación, e para evitar os custes que supón a desactivación dos devanditos niños unha vez formados, reducir os danos en cultivos fructícolas e contribuir á protección das abellas autóctonas. As zonas próximas a ríos e regatos son as máis perigosas.
Este plan anual municipal contra a Vespa Velutina realízase no Concello de Mos por cuarto ano consecutivo, nesta ocasión reforzado cunha escopeta de aire comprimido para poder abatir os niños de difícil accesibilidade.