• 2019-09-30 14:40:22
    AXENCIA DE COLOCACIÓN

    O Concello de Mos a través da Concellaría de promoción económica, desenvolvemento empresarial e emprego, dirixida por Julia Loureiro, continúa coas políticas de emprego destinadas a facilitar e mellorar a capacitación e a inserción laboral daquelas persoas con baixa cualificación ou que non tivesen os estudos mínimos de secundaria. Dentro do Programa de 2ª Oportunidade, encádrase o programa destinado á preparación para as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO). O obxectivo é que a través do apoio titorial e formativo poidan a mediados do ano 2020 estar en condicións de presentarse a esas probas e poidan obter a titulación de graduado en ESO, ou a lo menos, a aprobación de varios ámbitos, que lles facilite obtelo en diferentes convocatorias.

    Esta oferta trae a súa razón, da importancia que ten estar en posesión desta titulación para acceder actualmente a diversos postos de traballo e á formación a través de certificados de profesionalidade dun nivel superior.

    Tódolos interesados deben solicitar participar nesta acción formativa titorial, na Axencia de Colocación de Mos, Avda. de Peinador, 39, Tameiga, Mos (Pontevedra), a través de instancia presencial ou presentando instancia a través da sede electrónica.

    O día 8 de outubro ás 10:30 horas haberá unha REUNIÓN para todas aquelas persoas interesadas, nas que se lle informará das características desta acción formativa, do día ou días que se acorden entre todos nos que se desarrollará a mesma, e os horarios. Polo que se CONVOCA a todalas persoas interesadas a asistir a esta reunión.

    A metodoloxía empregada consistirá nunha titoría grupal e individual o día de asistencia á clase e de preparación por cada alumno durante toda a semana da materia que o docente estableza dacordo á programación inicial e que ten como obxectivo cubrir as materias necesarias para a obtención con éxito do título de graduado en ESO. Ademáis, incorpóraránse sesión de teleformación ou on line, que permitirá a todolos alumnos_as estar conectados diariamente co titor/a.

    Aquelas persoas ás que lles sexa imposible asistir ese día, pódense acercar á Axencia calqueira outro día, onde se lle dará todala información que necesiten, ou ben pódena solicitar a través do correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es





    Adjuntos: