• 2020-04-20 11:18:34
    AXENCIA DE COLOCACIÓN

    O Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, Aemos pon en marcha a canle solidaria #Pulso Solidario, que se vertebrará a través da páxina web: www.pulsosolidario.org (agora mesmo en fase de construción, que en próximos días estará operativa ao cento por cento e indicarase como acceder). Esta canle solidaria ' Concello de Mos- Aemos', nace amparado por numerosas propostas, ofrecementos e mostras de cooperación recibidas tanto na Asociación como no Concello, que decidiron axuntar esforzos e crear un espazo de confluencia para empresas, institucións e persoas no ámbito de Mos e a súa área, que sirva para canalizar, proxectar e divulgar toda a axuda profesional ofertada que brindaron numerosas empresas, profesionais, institucións e particulares nun momento de especial preocupación como consecuencia do impacto desta crise de saúde sen precedentes. E de aí parte #Pulso Solidario. Un lugar de encontro entre quen promove as iniciativas con Aemos e o Concello como simples mediadores ou intermediarios que canalicen as propostas que se reciban. Un instrumento formal, dinámico e proactivo para canalizar a 'Responsabilidade Social Empresarial' e a solidariedade ofertada a través do espazo web: pulsosolidario. org.




    Adjuntos: