• 2020-04-27 12:52:48
    AXENCIA DE COLOCACIÓN

    O CONCELLO DE MOS e AEMOS crean #PULSO SOLIDARIO: www.pulsosolidario.org

    Un novo espazo que se orienta a reunir e divulgar a solidariedade recibida no seo da Asociación e dos diferentes departamentos do Concello de Mos, sobre o que circulará toda axuda, proposta solidaria ou ofrecementos de cooperación de todo promotor, sexa este de orixe empresarial, institucional, profesionale ou particular, nun momento de especial incerteza global e sistémica na que nos toca vivir.

    Un lugar para o encontro dos verdadeiros protagonistas desta iniciativa solidaria que non son outros que aqueles que promoven as iniciativas orientadas a paliar e mellorar as condicións actuais nas que se desenvolve a nosa vida cotiá. Unha canle que vertebre toda esta forza solidaria, promocionando cada ofrecemento e estimulando a interacción e participación da nosa comunidade social e empresarial na procura das solucións máis efectivas.