-
ZONAS DE COSTA PECHADAS AO TRÁNSITO.2023-11-03 13:21:08Info General
Dado o mal estado do mar, Nivel de Alerta Vermello/Laranxa con ondas de 8 e 9 metros de altura, dende as primeiras horas de hoxe venres e durante a fin de semana, QUEDA PROHIBIDO o acceso de persoas a zona do Santuario da Virxe da Barca e o Paseo Marítimo do Coído do Voluntariado. O mar chegaba ao Atrio do Santuario e o Parque Infantil.
Dende a Policía Local recoméndase que non se aproximen as zonas de costa e se extremen as precaucións.
CONCELLO DE MUXÍA
Xefatura da Policía Local