• 2023-11-09 10:03:24
    Info General

    Ante as obras levadas a cabo na Estrada Provincial DP5201 (Muxía - Touriñán) e, dado o aviso recibido por parte da empresa que está levando a cabo as obras no punto quilométrico 2 400 aproximadamente, COMUNICAMOS que dende hoxe permanecerá pechada a circulación de vehículos dende o Campo Municipal de Fútbol ata Xurarantes.
    Todos/as os/as condutores/as que se atopen en Muxía e se dirixen a Lourido, Xurarantes, Touriñán, lugares da zona de Añobres e ao Parador Nacional de Turismo, teñen que desprazarse dende a zona urbana ata a zona de Moraime e/ou Alberguería.
    Para os vehículos que circulen dende o Parador Nacional de Turismo, Lourido, Xurarantes e lugares da zona de Añobres, para acceder a Muxía deben facelo pola Estrada Autonómica AC440 (Berdoias - Muxía).
    As rutas alternativas estarán sinalizadas.

    CONCELLO DE MUXÍA
    Xefatura da Policía Local