• 2019-03-14 20:03:55
    Info General

    Unha vez rematadas as obras de mellora do pavimento e a substitución das reixas de augas pluviais, levadas a cabo en varias rúas da zona Urbana, comunicamos que a partir de mañá venres día 15 de marzo reabrirase ao tráfico as que permanecían pechadas, quedando restablecida a normal circulación. A partir do luns os autobuses das Liñas de Transporte Escolar retomarán as Paradas nos lugares de costume.
    A Policía Local.