• 2019-04-05 13:58:44
    Info General

    AVISO

    RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL

    Faise saber a todos os veciños do Concello, que ante as vindeiras Eleccións Municipais e ao Parlamente Europeo 2019 que se celebrarán o vindeiro día 26 de maio, estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 8 e 15 de abril, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.

    O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.

    Recoméndase especialmente a consulta das listas a todos os que cumpriron 18 anos recentemente e a todos os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

    Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:
    -901 101 900 -981 21 74 26 -981 21 74 39

    Muxía, a 5 de abril de 2019

    O Alcalde



    Félix Porto Serantes