• 2019-07-03 14:47:40
    Info General

    Con motivo da celebración da Proba Deportiva GRAN FONDO ÉZARO - COSTA DA MORTE 2019, comunicamos que aproximadamente dende as 09:30 ata as 10:30 horas do domingo día 7 de xullo de 2019, verase afectada a circulación de vehículos nalgunhas estradas e rúas deste Concello.
    A circulación estará regulada en todo momento por Policía Local, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
    Ademais estará Prohibido Estacionar durante esas horas nas zonas habilitadas das Rúas Ramón Caamaño e Atalaia.
    Este ano como novidade os participantes de dita proba accederan a Muxía pola estrada provincial DP2303 (Os Muiños - Cee), xirando a esquerda en Vilariño, despois pasarán pola zona urbana e finalmente dirixiranse pola estrada autonómica AC440 (Berdoias - Muxía).
    Rogamos as desculpas polas molestias ocasionadas.
    A Policía Local de Muxía.