• 2019-11-28 12:32:40
    Cultura y ocio

    O domingo 1 de decembro, ás 20:00 horas representarase o espectáculo "Naufraxios" no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía. A entrada é libre
    Sinopse da obra: "Costa da Morte: Naufraxios" é un proxecto para dar a coñecer a cultura inmaterial da Costa da Morte a través das historias dos naufraxios forman parte da historia e do imaxinario colectivo da comarca, subvencionado pola Deputación Provincial de A Coruña.

    O vindeiro 1 de decembro, daremos a coñecer as historias de naufraxios acontecidas no Concello de Muxía, historias de solidariedade dos mariñeiros de Muxía no rescate da tripulación de barcos como Jose Antonio Lasa (1966) afundido na Punta da Barca, O Banora (1965) coñecido como o barco das laranxas.

    Durante as dúas contendas mundiais o coñecido como “val da morte” o corredor do atlántico era un estratéxico, vixiado por submarinos alemáns xeraron historias diversas nas augas de Muxía.

    Pero os naufraxios non so foron desgrazas e perdidas, achegaron a Costa da Morte novos produtos, curiosidades e anécdotas, remataremos coas estrofas adicadas o Nil en 1927.





    Adjuntos: