• 2020-02-14 13:34:27
    Noticias

    Faise saber a todos os veciños/as do Concello, que ante as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 que se celebrarán o vindeiro día 5 de abril, estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 17 e 24 de febreiro, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.

    O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.

    Recoméndase especialmente a consulta das listas a todos/as os que cumpriron 18 anos recentemente e a todos os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

    Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:
    -901 101 900 -981 21 74 26 -981 21 74 39

    Muxía, a 14 de febreiro de 2020
    O Alcalde