• 2020-04-21 13:32:03
    Info General

    O Concello de #Muxía comezará o reparto de mascarillas á veciñanza o día 24 de abril, logo de comezar a entrega entre o tecido empresarial do noso municipio (farmacias, carnicerías, panadarías...).
    Será un equipo de operarios municipais os que, porta a porta, lle entregen este material nas vivendas particulares a todas e todos @s habitantes de Muxía.
    O reparto está a ser gradual porque os pedidos chegan do mesmo xeito, ao existir unha gran demanda en todo o planeta. A compra desta mercancía xestionouse semanas atrás.
    Desde o Concello estimamos darlle un grao máis de prioridade ás persoas que están expostas día a día ante a COVID-19, pero chegaremos a todas e cada unha das vivendas do noso municipio.




    Adjuntos: