• 2020-05-06 17:15:41
    Info General

    De acordo ao publicado no DOG (Diario oficial de Galicia) No. 86 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf e conforme as resolucións adoptadas no CECOP (Centro de Coordinación Operativa do COVID19) acordouse as seguintes medidas entre outras:

    • Acordo sobre o desenvolvemento da pesca marítima recreativa en calquera das suas modalidades con subxección aos requisitos establecidos na Orde SND/380/2020 de 30 de Abril, sobre as condicions nas que se pode realizar actividades físicas non profesionais ao aire libre e na Orde SND/388/2020 de 3 de Maio pola que se establece as condicións para apertura o público de determinados comercios e servizos, e apertura de arquivos, así como a práctica de deporte profesional e federado, e sempre de conformidade coa normativa específica de aplicación a esta actividade.
    • Acordo sobre mantemento e uso de embarcacións deportivas e de recreo na fase 0.
    É posible o acceso a instalaciones portuarias (pantaláns e varadoiros) para facer as comprobacións de seguridade e mantemento de embarcacións.

    Os desprazamentos para realizar as actividades ditadas nestes acordos deberán realizarse da seguinte forma:

    ????Non están permitidos os vehículos a motor.
    ????A realización da actividade deberá realizarse de xeito individual.
    ????A distancia interpersoal será de 2 metros
    ????Permitido unha soa vez/día.
    ????O Concello de Muxía por ser menor 5000 habitantes terá horario libre nestas actividades.( De 06:00 -23:00).

    Muxía, 05 de Maio de 2020
    O Alcalde